Luiso García x Santuario Vacaloura
Este mes de Novembro quixo colaborar con nós un artista ao que admiramos e seguimos dende hai moito tempo. Ten unha longa traxectoria e estamos encantades de poder contar co seu arte dentro da nosa colección limitada. Trátase de Luiso García, que nos doou esta fermosa ilustración de Reich para realizar as camisetas limitadas deste mes.
Trátase dunha preventa, que poderedes adquirir durante todo este mes (ata o día 30 incluído), unha vez finalizada a preventa enviaránsevos aos vosos fogares as camisetas a partir do día 9 de Decembro.