Sobre nos
Quen somos?
A Ovella Negra naceu co obxectivo de producir pezas éticas, de calidade e con deseños chulos.
Todo comezou no Santuario Vacaloura, en Santiago de Compostela, levabamos tempo facendo camisetas e bolsas, pero non nos convencía nin a calidade nin a forma de produción das pezas, por iso despois de investigar moito decidimos que a mellor forma era facer as cousas ao noso modo.
A nosa filosofía baséase no RESPECTO á terra, ás persoas e aos animais.
As nosas pezas son:
- Algodón orgánico ou poliester reciclado (As camisetas 100% algodón orgánico e as bolsas 80% algodón reciclado e 20% poliester reciclado)- Veganas e non testadas en animais
- Produción ecolóxica, ética e socialmente responsable
- Pezas sen xénero
- Tintas ecolóxicas
- Deseñadas e impresas en Galiza
- Produtos solidarios, os beneficios son para os animais que viven no Santuario Vacaloura