TÉRMINOS E CONDICIÓNS
PRODUTOS
Os produtos da nosa tenda son realizados baixo pedido, é dicir, en canto recibimos o teu pedido poñerémonos a traballar niso.
Se ves algún deseño que che gustaría máis noutra cor (dos que ves na web), podes escribirnos a info@aovellanegra.com para ver se é posible facelo.
Se queres facer un agasallo e necesitas o produto para unha data en concreto e dúbidas se chegará a tempo, escríbemos para que che confirmemos se chegará a tempo.
PRAZO DE ENTREGA
Faremos a produción do teu pedido nun prazo aproximado de 3-4 días.
Non traballamos as fins de semana ou os días festivos.
PLAZO DE ENVÍO A DOMICILIO
Para envíos peninsulares o teu pedido chegará en 24 horas desde que depositamos o paquete na oficina.
Facemos os envíos con Correos e chegarache o número de seguimento ao correo electrónico no momento no que depositamos o paquete na oficina de Correos.
Se non te atopas na dirección no momento da entrega, a empresa de transporte tentará facer a entrega ao día seguinte laborable. Se ese día non hai ninguén, deixarache resgardo na caixa de correos para que pases pola túa oficina para recoller o pedido. Tes 10 días para recollelo, pasado o prazo o paquete virá de volta e o cliente terá que correr cos gatos de envío.
Non realizamos envíos en fin de semana ou festivos.
PRAZOS DE ENVÍO PARA NADAL 2020
Se desexas recibir o teu pedido antes do 24 de decembro, a data máxima para facer o teu pedido será o domingo 18 de decembro e para recibilo antes do 6 de xaneiro, debes hacer o pedido antes do 28 de decembro
GASTOS DE ENVÍO
Para envíos fóra da península os gastos de envío calcularanse de forma automática durante o proceso de compra, segundo o peso e a distancia.
RECOLLIDA EN SANTIAGO
Enviarémosche un email cando poidas pasar a recollelo.
PAGO
O pago con tarxeta de crédito/ débito é totalmente seguro, xa que se realiza a través da plataforma do banco e os datos transmítense de forma segura co encriptado SSL.
DEVOLUCIÓNS
Para solicitar unha devolución, escríbemos a pedidos@aovellanegra.com indicando a referencia do teu pedido e os motivos polos que solicitas a devolución. Ou faino desde a túa conta, en Historial e Detalles dos meus pedidos > O teu pedido > Detalle > Solicitar devolución (enche o motivo da devolución). Poñerémonos en contacto contigo para indicarche os pasos para seguir para a devolución.
Os gastos de devolución son a cargo do cliente. Aínda que se o produto está defectuoso, asumimos os gatos de devolución.
Para que a devolución sexa aceptada o produto terá que estar nas mesmas condicións nas que foi entregado e envolto no mesmo paquete. Non se aceptarán devolucións de produtos usados ou con manchas.
CAMBIOS
Non aceptamos cambios, se queres cambiar de talla ou de modelo, solicita unha devolución e fai unha nova compra.
Se tes algunha dúbida, consúltanos en pedidos@aovellanegra.com
Se tes algunha dúbida ou consulta relacionada cos nosos produtos, a nosa marca, proceso de compra, etc., podes escribirnos a: info@aovellanegra.com